martes, 8 de junio de 2010

O arco da vella

Este é o Haiku que presentei ao concurso:


Os pinos mansos
chaman pola choiva
ao amencer.

Sopra o vento
As árbores empurran
Co seu alento.

Agóchate sol
nas nubes de algodón
cheas de auga.

Prepara pa nós
outro arco da vella
cheo de color.

Marcha a choiva
e o arco da vella
abandónanos.

Participei con este pseudónimo (Sara Tancredi) que é a doutora da serie Prison Break.

lunes, 7 de junio de 2010

Concurso Haikus con Leo e Arremecaghoná



Leo e Arremecaghoná e un profesor de lingua e nos seus ratos libres, tamén é un creador de Haikus, isto e, un texto que o primeiro e o terceiro verso acaban en cinco e o do medio en sete. É de orixe Xaponés e o seu tema adoita ser da natureza, aínda que dende que se modernizou, podemos encontrar Haikus de todo tipo. Isto é o que fai Leo, inspirándose en calquera cousa para facer os seus Haikus. Publicou o seu primeiro libro chamado ``hai cu´´ , que xa se encontra a venda.

Fomos convidados a un concurso de Haikus no auditorio de Gondomar.Alí agardábanos o instituto Auga da laxe, o Probal e o Miñor. Algúns dos gañadores do concurso do noso instituto foron: Aldán, Norma , Rebeca de 4º e Sindy de 3º que foron premiados cunha camiseta de “Eu amo o galego”, un diploma e un libro de Leo.

A continuación apareceu Leo cunha vestimenta tipo escocesa e tocou uns temas a dúo cun batería, que non se encontraba no escenario, e coa súa guitarra que a medida que avanzaba a mañá tiña menos cordas.

Pasámolo moi ben e non pensabamos que nos ían gustar tanto os temas de Leo. Cando se despediu pedímoslle que seguise tocando,e el moi amable, saíu e tocou outro dos seus temas.

A semana seguinte visitounos o instituto onde foi o noso invitado especial da radio Turonio e foi entrevistado.