martes, 8 de junio de 2010

O arco da vella

Este é o Haiku que presentei ao concurso:


Os pinos mansos
chaman pola choiva
ao amencer.

Sopra o vento
As árbores empurran
Co seu alento.

Agóchate sol
nas nubes de algodón
cheas de auga.

Prepara pa nós
outro arco da vella
cheo de color.

Marcha a choiva
e o arco da vella
abandónanos.

Participei con este pseudónimo (Sara Tancredi) que é a doutora da serie Prison Break.

lunes, 7 de junio de 2010

Concurso Haikus con Leo e Arremecaghoná



Leo e Arremecaghoná e un profesor de lingua e nos seus ratos libres, tamén é un creador de Haikus, isto e, un texto que o primeiro e o terceiro verso acaban en cinco e o do medio en sete. É de orixe Xaponés e o seu tema adoita ser da natureza, aínda que dende que se modernizou, podemos encontrar Haikus de todo tipo. Isto é o que fai Leo, inspirándose en calquera cousa para facer os seus Haikus. Publicou o seu primeiro libro chamado ``hai cu´´ , que xa se encontra a venda.

Fomos convidados a un concurso de Haikus no auditorio de Gondomar.Alí agardábanos o instituto Auga da laxe, o Probal e o Miñor. Algúns dos gañadores do concurso do noso instituto foron: Aldán, Norma , Rebeca de 4º e Sindy de 3º que foron premiados cunha camiseta de “Eu amo o galego”, un diploma e un libro de Leo.

A continuación apareceu Leo cunha vestimenta tipo escocesa e tocou uns temas a dúo cun batería, que non se encontraba no escenario, e coa súa guitarra que a medida que avanzaba a mañá tiña menos cordas.

Pasámolo moi ben e non pensabamos que nos ían gustar tanto os temas de Leo. Cando se despediu pedímoslle que seguise tocando,e el moi amable, saíu e tocou outro dos seus temas.

A semana seguinte visitounos o instituto onde foi o noso invitado especial da radio Turonio e foi entrevistado.

jueves, 3 de junio de 2010

Bicos con lingua - Talía teatro




Bicos con lingua é unha obra de teatro que demóstralle a xente que falar galego, non ten ningunha desvantaxe sobre as outras linguas. A súa vez, faino dunha maneira divertida e realista.

A obra esta composta por dous actores, Artur Trillo e Toño Casais, que plasman na obra, as distintas situacións que nos encontramos na vida actual.

Un home, chamado José, quere cambiar o seu nome para o Galego porque cando naceu, os seus pais non lle lo puideron por. Cando chega, o home que o atende non comprende o que quere dicir porque el fala Castelán. Cando consegue comprendelo, desenvolvese un debate sobre o castelán e o galego. Cando a súa discusión xa non vai a ningures, Xosé descubre que se había equivocado de número de porta.

Outra das situacións que nos atopamos habitualmente é a das nais, cando esperan o autobús dos seus fillos. Esta é a segunda parte que forma a obra. Dúas nais atópanse na marquesiña a espera do autobús. Unha das mulleres fala galego mentres ca outra prefire comunicarse en castelán. Falan cos seus fillos mesturando as dúas linguas.
Con esta escena dámonos conta da importancia que ten comunicarse nunha soa lingua, e aínda máis importante, en que lingua nos comunicamos e como a transmitimos.

Cada vez o galego encontrase menos na educación. Por iso a seguinte escena trata disto, do perigo que ten o galego de desaparecer en menos tempo do que pensamos.

Unha lingua, o galego, chega enferma. Intentan reanimala con verbos, substantivos, adxectivos, conxuncións...e de repente estoupa. Esta escena foi a máis curta pero a súa vez a máis significativa para min, porque intentaron comunicarnos que se o galego non é falado, desaparecerá e será substituído polo castelán, deixándonos sen lingua propia.

Por isto, a última parte fai unha visión do que pode acontecer no futuro se isto pasase. Un home morreu fai ano e medio e non encontrou ningunha alma dende entón. De súpeto outro home galego encontrase con el. Empezan a conversar e cóntalle que dende que a súa tía morrera non falou máis galego porque ninguén o falaba xa. O paisano sorprendido dille que xa o vía vir porque a xente nova case non o falaba.

Esta obra gustoume, non pola maneira de como a conta senón máis pola mensaxe pola que nos transmite, e é que a xente fale galego para que non desapareza.