martes, 25 de mayo de 2010

A vida de Uxío Novoneyra


Este ano Uxío Novoneyra é o homenaxeado das Letras Galegas.

Fillo de labregos, naceu na montaña lucense, en Parada do Courel, o 19 de xaneiro de 1930, e adicou a súa obra a inmortalizar a fermosa paisaxe da serra.

A poesía de Novoneyra ten moi pouco que ver coa dos outros paisaxistas galegos. Novoneyra é un poeta silencioso, e os seus poemas van moito máis alá do texto. Non describe: evoca, invoca. E hai outro Novoneyra coral, heroico: o da letanía de Galicia, do Vietnam Canto.

Empezou a viaxar dende a época escolar. En 1945 foi a Lugo para facer o bacharelato, onde coñeceu o escritor da Terra Cha, Manuel María.

En 1947, xa fora vivir a Parada a autora noiesa María Mariño Carou, con quen Uxío iniciará unha profunda relación persoal que dura ata a morte desta poeta no ano 1967 e que deixará a súa forte pegada na obra de ambos. A continuación vai a Madrid (1946-1951) para matricularse na carreira de Filosofía e Letras.

En 1952 volveu a Galicia para facer o servizo militar, con estancias na Coruña, Lugo e Santiago de Compostela coincidindo outra vez con Manuel María. O ano seguinte permaneceu no seu lugar de nacemento ata 1962 a causa de ter que gardar repouso debido a unha pleuresía. Nesta situación de soidade o escritor publica o seu primeiro libro, os eidos.

En 1962 vai vivir a Madrid. Nesta cidade traballa na radio e na televisión na que as relaciona coa poesía galega, española ou universal. Nesta cidade coñece a grandes poetas como Carlos Oroza ou pintores e artistas como Tino Grañido ou Urculo ou Viola. Neste ambiente escribe a serie poética titulada `` Elexías de Madrid ´´ que xunto con outras dúas anteriores (“Primeira Verdade e tempo con nomes ´´) Elexías do Caurel ”, elaboradas respectivamente entre 1953 e 1957 e 1958 e 1961) conforman o libro, editado na capital do Estado en versión bilingüe Galego - Castelán na colección Anais ´´ Elexías do Courel e outros poemas.

No 1966 volve de novo e para quedarse definitivamente en Galicia pola enfermidade dos seus proxenitores. En 1971 morre o seu pai e dous anos máis tarde, a súa nai, pero en 1968 coñece a Elba Rei en Lugo coa que casa e ten tres fillos: Branca- Petra, Uxío e Arturo.

En 1974 publica a segunda parte dos eidos e dedícallo á memoria dos seus pais e a María Mariño. Nel atopamos os poemas anteriores ao primeiro libro e os máis recentes do mercado.

En 1976 ano de marcada preocupación cívica, traduce ao galego varios poemas do escritor e político chinés Mao Zedong (El Progreso, 19-9-1976).

En 1979 saca o seu seguinte libro Poemas Caligráficos.

En 1983 queda definitivamente en Compostela, desde onde exerceu a presidencia da Asociación de escritores de lingua Galega, a partir da súa primeira elección en 1982 e ata a súa morte en 1999.

Obras do escritor:

Os Eidos-1955
Elexías do Courel e outros poemas 1966
Os Eidos 2.Letonia de Galicia e outros poemas.1974
Poemas caligráficos.Vietnam canto-1974
Os eidos.Libro do courel-1981
Bazterrak Os Eidos-1987
Muller pra lonxe-1987
Do Courel a Compostela:1956-86(1988)
O cubil Xabaríl-1990
Os Eidos-1990
Tempo de elexía 1991
Gorgorín e Cabezón 1992
Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras 1994
Camelo Xaponés- Watxubaki 1995
Ilda,o lobo,o corzo e o xabaril 1998
Dos soños teimosos 1988
Onde só queda alguén para aguantar dos nomes 1999
Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas 1999



martes, 11 de mayo de 2010

17 de maio, Día das letras Galegas


O Día das Letras Galegas é unha celebración cultural instituída en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en lingua galega ou pola defensa de devandito idioma. Cada ano dedícase a unha personalidade diferente, escollida pola RAG, tendo en conta que se esixe que pasasen polo menos dez anos desde o seu falecemento.

A data de celebración deste evento, o 17 de Maio, débese a que en tal día como ese, en 1863, publicouse na Habana o primeiro exemplar da obra Cantares Galegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do Rexurdimento, o renacemento cultural do galego.

O ano 1963 cumpríronse cen anos da dedicatoria por Rosalía de Castro, a Fernán Cabaleiro, do seu libro CANTARES GALLEGOS. E o día da dedicatoria -17 de maio- escolleuse pola Real Academia Galega como "Día das Letras Galegas". O primeiro destes días foi, por suposto, para Rosalía de Castro.